Greta Thunberg
Greta Tintin Eleonora Ernman Thunberg, nada en Estocolmo o 3 de xaneiro de 2003[1], é unha activista sueca que traballa contra o cambio climático e o quecemento global. Tornouse unha figura prominente por comezar a primeira folga escolar polo clima en agosto de 2018 ás portas do Parlamento sueco.[2] En novembro dese mesmo ano falou na conferencia TEDx Estocolmo e un mes máis tarde dirixiuse á Conferencia da ONU sobre o cambio climático.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa nai é a cantante de ópera sueca Malena Ernman e o seu pai, o actor Svante Thunberg,[3][4] O seu avó é o actor e director Olof Thunberg.[5]
En decembro de 2018, Thunberg describíase como "diagnosticada da síndrome de Asperger, de desorde obsesivo-compulsiva e de mutismo selectivo".[6] Para reducir a pegada de carbono da súa familia, insistiu en que se volvesen veganos e renunciasen a viaxar en avión.[7]
Folgas escolares polo clima
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Folga escolar polo clima.
O día 20 de agosto de 2018, cando cursaba o noveno curso na escola, decidiu non ir á escola ata as eleccións xerais suecas, o nove de setembro tras as vagas de calor e a vaga de incendios en Suecia.[2] Demandaba que o goberno sueco reducise as emisións de carbono consonte ao acordo de París e protestou facendo unha sentada fóra do parlamento cada día durante o horario escolar levando un cartel que dicía: Skolstrejk för klimatet (folga escolar polo clima).[8] A partir de aí, converteuse nunha icona xuvenil da loita polo clima, seguindo os pasos da devanceira Severn Suzuki.[9]
Logo das eleccións xerais continuou a facer folga, pero só os venres, co que chamou a atención dos medios de comunicación de todo o mundo. Foi unha inspiración para escolares de todo o planeta que formaron parte das folgas escolares.[4] A altura de decembro de 2018 máis de 20 000 estudantes xa participaran nas folgas en alo menos 270 cidades.[4] Thunberg dálle o mérito de inspirala para comezar a súa folga escolar polo clima ó grupo de activistas adolescentes da escola Parkland en Florida, quen organizaron a Marcha polas nosas vidas.[10][11]
Outras actividades reivindicativas
[editar | editar a fonte]Greta Thunberg participou na manifestación Rise for Climate diante do edificio do Parlamento Europeo en Bruxelas. En outubro de 2018 desprazouse coa súa familia en coche eléctrico a Londres onde leu a "Declaración de rebelión" organizada por Extinction Rebellion diante das Casas do Parlamento.[12][13]
Foi relatora no TEDxStockholm o 24 de novembro de 2018.[14][15] Nesta charla TED falou de que cando tiña oito anos decatarase que existía o quecemento global e preguntouse como era que non aparecía como titular das novas en todas as canles de comunicación, como correspondería á súa gravidade, tal e como se dunha guerra mundial se tratase. Comentou que o motivo de ir á escola non foi para converterse nunha científica do clima, como algúns suxeriron, porque a parte científica xa estaba feita e só quedaba a negación, a ignorancia e a inacción. Especulando con que os seus fillos e fillas, netas e netos lle preguntarían a razón pola que non se tomaran accións en 2018, cando aínda se estaba a tempo, remataba concluíndo con que "non podemos cambiar o mundo seguindo as normas, as normas teñen que cambiarse".[16]
Thunberg dirixiuse ós participantes na conferencia sobre o cambio climático das Nacións Unidas, COP24, o 4 de decembro de 2018 [17] e tamén falou antes da asemblea plenaria que tivo lugar o 12 de decembro de 2018.[18][19]
O 23 de xaneiro de 2019 chegou a Davos, logo dunha viaxe de 32 horas en tren, onde criticou que a maior parte dos representantes oficiais chegaran usando ata 1 500 vos en avións privados,[20][21] para continuar a facer campaña no Foro Económico Mundial.[22][23] No seu discurso en Davos dixo: "Algunhas persoas, algunhas compañías e especialmente algunhas persoas en postos de decisión saben os prezados valores que veñen sacrificando para continuar a facer impensables moreas de diñeiro. Creo que moitas das persoas que estades aquí pertencedes a ese grupo de xente"[24] Na mesma semana, un pouco máis tarde, advertiu ás elites globais que: "A nosa casa está ardendo" engadindo " Quero que vos espante. Quero que sintades o medo que eu sinto cada día. Debémosllo á mocidade, debémoslles dar esperanza." [25][26]
A comezos de marzo o grupo de partidos da dereita (populares, liberais e extrema dereita) no Parlamento Europeo non lle permitiu intervir no parlamento, petición feita polos Verdes, Socialdemócratas e Esquerda Unitaria.[27]
Controversia
[editar | editar a fonte]Logo de que as súas folgas escolares polo clima gañaran popularidade, Thunberg acabou por tornarse o branco de ataques que buscan desacreditala[28] ou aproveitarse da súa posición.[29] A finais de 2018, Ingmar Rentzhog, fundador da organización sen ánimo de lucro We Don't Have Time Foundation (WDHT) recrutouna como xove asesora (non pagada) e utilizou o nome e a imaxe de Thunberg para recadar millóns de euros para a súa organización subsidaria We Don't Have Time AB, na que o propio Rentzhog é o CEO. Thunberg non recibiu ningún diñeiro procedente da compañía.[30][31] Deu fin a súa función de asesora en WDHT, declarando que "[non formo] parte de ningunha organización... son totalmente independente... [e] todo o que fago fágoo de xeito gratuíto." [32]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Greta Thunberg estaba entre as persoas premiadas no concurso de redacción de artigos de debate organizado en maio de 2018 polo Svenska Dagbladet dirixido á mocidade e que tiña por tema o clima.[33]
Thunberg foi nomeada pola compañía Telge Energi para o premio destinado á mocidade e á infancia para a promoción do desenvolvemento sostible, o Children's Climate Prize, pero non o aceptou xa que os nomeados terían que ter viaxado en avión a Estocolmo dende todo o mundo.[34] En novembro de 2018 gañou a bolsa Fryshuset como xove referente do ano.[35] En decembro de 2018 a revista Time designouna como unha das 25 adolescentes máis influentes do mundo durante o 2018.[36]
En marzo de 2019 foi nomeada como candidata ao Premio Nobel da Paz por iniciativa do lexislador noruegués Freddy Andre Oevstegaard e outros dous membros do partido Esquerda Socialista de Noruega.[37]
En 2019 foi nomeada para o Prix Liberté, impulsado pola rexión de Normandía (Francia), na súa primeira edición[38] e concedéronlle o premio medioambiental do Consello Nórdico que agradeceu mais rexeitou pola falta de acción contra a crise climática.[39]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lobbe, Anne-Marie (13 de decembro de 2018). "À 15 ans, elle remet les dirigeants mondiaux à leur place!" (en francés). Sympatico. Consultado o 3 de xaneiro 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "The Swedish 15-year-old who's cutting class to fight the climate crisis". The Guardian. 1 de setembro 2018.
- ↑ "School Strike for Climate: Meet 15-Year-Old Activist Greta Thunberg, Who Inspired a Global Movement". Democracy Now!. Consultado o 19 de febreiro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Damian Carrington (4 de decembro de 2018). "'Our leaders are like children', school strike founder tells climate summit". The Guardian.
- ↑ Santiago, Ellyn (14 de decembro de 2018). "Greta Thunberg: 5 Fast Facts You Need to Know". Heavy.com (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2019.
- ↑ Greta Thunberg (12 de decembro de 2018). School strike for climate - save the world by changing the rules (en English). TEDxStockholm. Escena en 1:46. Consultado o 29 de xaneiro de 2019.
I was diagnosed with Asperger's syndrom, OCD, and selective mutism. That basically means I only speak when I think it's necessary. Now is one of those moments... I think that in many ways, we autistic are the normal ones, and the rest of the people are pretty strange, especially when it comes to the sustainability crisis, where everyone keeps saying that climate change is an existential threat and the most important issue of all and yet they just carry on like before.
- ↑ "Climate crusading schoolgirl Greta Thunberg pleads next generation's case". The Straits Times (en inglés). 5 de decembro de 2018. Consultado o 22 de decembro de 2018.
- ↑ "The Fifteen-Year-Old Climate Activist Who Is Demanding a New Kind of Politics". The New Yorker. 2 de outubro de 2018.
- ↑ "‘Fridays for Future’: la rebelión estudiantil por el clima se propaga por Europa". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2019-03-03.
- ↑ "Teen activist on climate change: If we don't do anything right now, we're screwed". CNN. 23 de decembro de 2018. Consultado o 10 de febreiro de 2019.
- ↑ "The Guardian view on teenage activists: protesters not puppets - Editorial". The Guardian. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de febreiro de 2019.
- ↑ "This Is Our Darkest Hour: With Declaration of Rebellion, New Group Vows Mass Civil Disobedience to Save Planet". Common Dreams. 31 de outubro de 2018.
- ↑ Rizvi, Husna (1 de novembro de 2018). "For climate action, ‘mass civil disobedience’ is the only way". New Internationalist (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ "TEDxStockholm Theme: Wonderland". TED. Consultado o 20 de decembro de 2018.
- ↑ Thunberg, Greta (24 de novembro de 2018). "Depressed and Then Diagnosed With Autism, Greta Thunberg Explains Why Hope Cannot Save Planet But Bold Climate Action Still Can". TEDxStockholm. Consultado o 22 de febreiro de 2019.
- ↑ Jones, Nigel (30 de decembro de 2018). "Why we all need to be more like Greta". Nine by Five Media (Medium). Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ Carrington, Damian (4 de decembro de 2018). "'Our leaders are like children', school strike founder tells climate summit". The Guardian (London, United Kingdom). ISSN 0261-3077. Consultado o 4 de decembro de 2018.
- ↑ Thunberg, Greta. "You Are Stealing Our Future: Greta Thunberg, 15, Condemns the World's Inaction on Climate Change". Democracy Now!. Consultado o 13 de decembro de 2018.Fragmentos: "You only speak of a green eternal economic growth because you are too scared of being unpopular. You only talk about moving forward with the same bad ideas that got us into this mess, even when the only sensible thing to do is pull the emergency brake. You are not mature enough to tell it like it is. Even that burden you leave to us children.(...) And if solutions within the system are so impossible to find, then maybe we should change the system itself.
- ↑ Thunberg (12 de decembro de 2012). "Greta Thunberg full speech at UN Climate Change COP24 Conference". Youtube. Consultado o 22 de febreiro de 2019.
- ↑ Larson, Nina (24 de xaneiro de 2019). "Time to 'get angry', teen climate activist says in Davos". Consultado o 24 de xaneiro de 2019.
Creo que é de tolos que a xente estea reunida aquí para falar do clima e que cheguen aquí en jet privado
- ↑ Forrest, Adam (23 de febreiro de 2019). "Record number of private jets to fly into Davos conference addressing climate change". The Independent (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2019.
- ↑ Kottasova, Ivana; Mackintosh, Eliza (25 xaneiro de 2019). "Teen activist blames Davos elite for climate crisis". CNN. Consultado o 26 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Greta Thunberg: The Swedish teen inspiring climate strikes" (vídeo, 2 min 4 sec). BBC News. 14 de febreiro de 2019.
- ↑ Hertsgaard, Mark (28 de xaneiro de 2019). "The Climate Kids Are Coming". The Nation. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2019.
Some people, some companies, some decision makers in particular have known exactly what priceless values they have been sacrificing to continue making unimaginable amounts of money. I think many of you here today belong to that group of people.
- ↑ Busby, Eleanor (11 de febreiro de 2019). "Children as young as five due to miss school for climate change protest". The Independent (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2019.
- ↑ Thunberg, Greta (25 de xaneiro de 2019). "'Our house is on fire': Greta Thunberg, 16, urges leaders to act on climate". The Guardian. Consultado o 14 de febreiro de 2019.
- ↑ Gil, Andrés (11/3/2019). "El veto de la derecha a la joven ecologista Greta Thunberg en la Eurocámara calienta las movilizaciones del clima del 15 de marzo". eldiario.es (en castelán).
- ↑ Sandler Clarke, Joe (7 de febreiro de 2019). "The Climate Change Deniers Trying to Discredit Greta Thunberg". Vice.
- ↑ Oroschakoff, Kalina (11 de febreiro de 2019). "Teen climate icon used for fundraising without her knowledge". Politico-EU. Consultado o 22 de febreiro de 2019.
- ↑ Svenska Dagbladet, Swedish start-up used Greta Thunberg to bring in millions (en sueco), 11 de febreiro de 2019
- ↑ TheLocal.se, Start-up used teen climate activist to raise millions: Swedish paper, 9 de febreiro de 2019
- ↑ Thunberg, Greta (2 de febreiro de 2019). "Greta Thunberg". www.facebook.com (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ ""Vi vet – och vi kan göra något nu"". SvD.se (en sueco). Consultado o 22 de decembro de 2018.
- ↑ Gelin, Gustav (1 de novembro de 2018). "Därför nobbar Greta Thunberg klimatpriset". ETC (en sueco). Consultado o 22 de decembro de 2018.
- ↑ "Greta Thunberg blir Årets unga förebild". Aktuell Hållbarhet (en sueco). 22 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2018. Consultado o 22 de decembro de 2018.
- ↑ "TIME's 25 Most Influential Teens of 2018". Time (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2018.
- ↑ MacMatzen, Morris (13 de marzo de 2019). "Swedish teen climate activist Greta Thunberg nominated for Nobel Peace Prize". The Globe and Mail (en inglés). Reuters. Consultado o 14 de marzo de 2019.
- ↑ "La militante suédoise pour le climat Greta Thunberg sollicitée par les jeunes Normands pour le premier Prix Liberté". France 3 Normandie (en francés). 2 de abril de 2019. Consultado o 3 de abril de 2019.
- ↑ "Greta Thunberg rechaza un premio de casi 50.000 euros: "El movimiento medioambiental no necesita premios, sino que los políticos escuchen"". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-10-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Greta Thunberg |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Folga escolar polo clima" (charla TED por Greta Thunberg)
- Llanos Martínez, Héctor (17/12/2018). "Estáis robando el futuro a vuestros hijos": la crítica de una adolescente en la cumbre del clima de la ONU". Verne, El País (en castelán).